NEMETH

21.1.05

tarde piaches...

Agora saen cun novo plano para a dinamizar o medio rural. Boa idea, pero para o meu xeito de ver, serodio de máis. E hipócrita. Non se poden laiar de que se despoboen as aldeas e lugares despois de facerlle a vida imposíbel. Brucelose. Malta. Cotas lácteas e cárnicas. Caciquismo. Baixos prezos das producción. Contribucións. E un looongo etcétera. Só con turistas non se vive!

E tamén nós temos boa parte da culpa. Os ex-nenos labregos (agora urbanitas 'de lo más moderno') desprezan iso de fozar na terra. Quedar no agro e coma un sinal de 'fracaso' social. Algo hai de auto-odio. Desprézase todo o dos nosos antergos, lingua, costumes e o seu modo de vida, a terra.

Pero claro, quédache moi pouco vistoso a aldea cos tellados caídos, con silveiras no canto de hortos, con toxeiras e uceiras no canto de veigas e con xesteiras no canto de lameiros. E é cando hai que tomar medidas.

Estes son algúns exemplos de como aproveitar os nosos potenciais ... O Couto (Bergantiños), Xestoso (Eume), O Piornedo (Ancares), Allariz, Pazos de Arenteiro (O Carballiño), Lira (Costa da Morte), Castrolandín (Terras de Caldas), Brion (Terras de Santiago), A Fraga (Terra Chá) e agardo que moitos máis proxectos.

20.1.05

E é que estamos como faltos...

Image hosted by Photobucket.com

Fraga asegura que piensa morirse sin haber usado preservativo

Volvéuseme atragantar o café desta mañá coas declaracións do noso amado presidente. E logo, este homiño pensa morrer algunha vez?

19.1.05

Para ser o primeiro día comezo con forza, a ver como acabo. Vou estrear o futón novo que me trouxeron hoxe (xa sei que soa moi esnob, pero dúrmese macanudo nel).

Bispadas

Un pensa no almorzo que "sus reverendísimas" ao fin caeron da burra... e na merenda, que oxalá se esnafraran...

A min que me borren...

18.1.05

volve O'Nemeth

Tras uns longos meses de sequia vital, creativa, social e emocional... volvo agromar. Para máis, xa teño ADSL na casiña. Vendo como lle vai a outros, non hai queixa. E aínda por riba con Wifi. Éche un invento macanudo este!
Tentarei ir posteando máis a miúdo. Xa logo fai o ano, e xa chega de ficar parado no blogmillo.