NEMETH

6.12.05

Dia da constitución

Facendo coma O Carrabouxo hai moitos anos co gallo do 17 de maio ('para celebrar el dia de las letras gallegas me pongo garabata y hablo el castellano'), eu para celebrar o día da Constitución, voulle facer algúns apuntamentos:

1.-A propia constitución, entre outros, di no seu artigo 147.2:
Los Estatutos de autonomía deberán contener:
a)La denominación de la Comunidad que mejor corresponda a su identid histórica

2.- Galiza, xunto con Catalunya e Euskadi son xa nacionalidades históricas polos seus respectivos estatutos, termo que recoñece a constitución. A que ven tanto problema en sermos nación ou identidade nacional. Non o somos xa?

3.- Porque os que antes a puñan a caer dun burro, agora son 'los más', defendendo. Semellan ter o fervor dos conversos, a ignorancia dos neófitos e o medo dos acomplexados.

Xa estou un chisco canso do tema, a verdade. Tanta teima en sacar á rúa na defensa da integridade territorial (seica supostamente en perigo), e non en termos dereito a unha vivenda digna ou igualdade perante a lei.