NEMETH

18.12.05

Zoar

Volto a sentir zoar o cierzo nas orellas e a agarimarme na casa-tropical.
Unha fin de semana fóra e temos nova trangallada hortera-que-te-cagas que imos ver até fartar.

Tarefa da semana:

1- preparar a volta a casa (ben!).
1a- Planificar a marabillosa viaxe transiberiana ou plantexarme paradas técnicas.
1b- Baleirar a neveira de elementos subceptíbeis de adquirir vida propia nun prazo de 15 días.
1c- Planchar unha morea de roupa para que miña nai non faga comparacións odiosas.

2- gastar media paga extra en azar familiar (tamén se pode incluir no apartado 1).

3- sobrevivir aos compromisos laborais e pseudo-laborais (tentarei seguir as últimas tendencias de dietas).

4- preparación física e psicolóxica prás rutas gastronómico-antropolóxico-culturais das vacacións: noiteboa, nadal, mantazas varias, desfeitas, reencontros, fin de ano, aninovo...