A Casa.
O Xabarin (que canción anarco-punk de Siniestro Total!!) e a volta á infancia con SonGoku vs Picoro. Vibrar na distancia coa nosa Selección (galega, de Galiza/Galicia... que máis ten!). A cea co Gayoso e o seu top 50 (que mellor comezo de ano que a Muiñeira de Chantada Discofaxion pra recuperarmonos da visión de Sabela, esa nosa Madonna galaica). O flipe dos telexornais e as súas pequeno-noticias absurdas.
O pracer dos fugaces paseos pola cidade vella de Compostela. Da tertulia no Pepa A Loba. A polémica absurda do cava nas tertulias de sobremesa (e a foda de beber do cava toledano). Os xogos e os risos cos sobriños e a tristura de ver a cara de estrañeza cando me oen falar galego.
Os choupíns, a bica, o cordeiro, a empanada da casa... Estrañei o caldo (miña nai xa non o fai nas cantidades industriais de antano, vese que se fartou del, agora que os fillos non protestamos ao velo no plato). O caldo cria moi bos rapaces...
Boas e malas novas. Nacementos futuros e mortes recentes. O meu mundo cambia aínda que eu non viva nel. Visitas á familia no hospital. Cada día somos máis vellos. Cada día as aldeas están máis despoboadas. Novas dalgún proxecto de reconstrucción de pobos abandonados (por capital mexicano, cheira que fede). Sentimento de culpa, por liscar, por desertar.
Botei en falta unha gravadora. Longuísima conversa coa Sra B, D. e a tía M. contando historias das de antes, lendas, contos, ditos e cousas. Tristura de ver que son o derradeiro chanzo.
Morriña.

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home