NEMETH

19.1.06

Recoméndovos visitar...


... a vila do Castro Caldelas (coñecida pola xente da bisbarra sinxelamente como O Castro) co gallo da festa dos Fachós, que se fai hoxe pola noite.

Unha tradición ben antiga, quizais pagá, con plena vixencia e puxanza na vila. Están documentadas procesións con lume no século XIX en moitos lugares, asociadas a festas patronais. Aínda hoxe se fan festas semellantes coma as Fachas de Castelo (Taboada) ou os Agucios de Vilelos (O Sabiñao) (asociadas a castros) e nas de Sedes ou Castrolandín (recreacións actuais inspiradas no mundo castrexo ou celta).

É unha tradición moi afianzada en Caldelas, mais que como boa parte do noso patrimonio inmaterial periga pola despoboación, o avellentamento da Galiza interior e o cambio de costumes. Festas como estas, amais de enchernos de fachenda e ledicia por telas conservado, axudan a que non se perdan outras tradicións e oficios. Neste caso, os palleiros.

Despois a quecer con bon viño das costas de Alaís, chourizos, licorcafé e bica.

Máis información do Castro e da Ribeira Sacra aquí.