NEMETH

21.2.06

Cemiterios.


Hoxe lembreime pola crónica do corresponsal do blogmillo nos USA de que non son o único a quen lle gustan os cemiterios. Sempre que vou de viaxe procuro fixarme, tírolles fotos e paseo por eles. Din moito máis da xente e do seu xeito de vivir do que un se imaxina. Será cousa xenética, a nosa peculiar visión da morte.


Hai anos, vivín uns meses nunha pensión en Madrid. Estaba rexentada por un personaxe (non me lembro o nome) nado cara o Baixo Miño (penso que era en Tomiño). O caso é que este homiño por Santos e Fieis Defuntos montaba un auténtico monumento no nicho da nai e do irmán. Pasaba meses (desto fun testigo) facendo os abalorios e adornos, puña monitores con vídeos de procesións e música sacra nos nichos baleiros, el vestido cunha capa a rezar. A verdade que non o crin até que me amosou unha gravación (era afecionado ao vídeo). Contaba que ía moita xente velo e que era moi famoso. Será verdade? É isto realismo máxico ?



Preme aquí pra visitares o maior camposanto galego, segundo O'Rivas.

As postais do cima son o cemiterio de El Kettar en Alxer, o cemiterio turco de Eyoub e o cemiterio de Verdún (da Grande Guerra). Podédelas sacar de acolá.