Lúa vella.

Son lunático. A lúa inflúeme, atráeme e fascíname.
Será que son de terra de lobishomes, de lobos de xente ou de xente coa 'fada'. De todos os xeitos se coñecen. E o máis importante, a miña nai aínda se acorda de todos e cada un dos seus encontros co lobo cando ía de nena gardar a res e a facenda á serra. Mamei o misterio.
Esta fin de semana foi lúa vella. Aproveiteina de cheo. Os instintos, as sensacións e os sentimentos síntense máis intensos. Xa mañá mudarei a pelica...
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home