NEMETH

19.4.06

Cando chegaremos aos 3600 blogues?

Segundo di Culturagalega no seu tema do día de hoxe:

"Dos máis de trinta millóns de bitácoras que se calcula que hai en todo o mundo, unhas 1.200 son galegas. Pero a blogosfera galega, nome dado ao espazo que ocupan os blogs, está nun estadio emerxente. Os primeiros estudos arredor desta nova forma de comunicación destacan que en ano e medio se triplicará o seu numero, ...". Todo isto a conto do Enblog, encontro de blogs de Galiza e Portugal organizado polo Consello da Cultura.

A ver se é verdade e a modiño imos creando un novo xeito de pensar e de actuar máis dinámico e distribuído.

O feito é que a 'blogosfera galega' (ou blogmillo, non era?) bule. Hai pouco que se creaba Blogoteca.com, sistema gratuito e doado para a creación, xestión e aloxamento de blogs totalmente en galego. E hoxe veño de descubrir a transformación de Blogaliza.org. Baseada no WordPress, tamén dará aloxamento e xestión a blogues. Así que en pouco poderemos mudar de casa e pasar a ser nemeth.blogoteca.com ou nemeth.blogaliza.org. Isto, sen esquencermonos do Blogalego.com, o buscador onde saber ao minuto o que se coce no blogmillo.

E que cada día a familia medra!