NEMETH

3.4.06

Fin de semana.


Semellaba unha fin de semana tranquila, até o sábado de madrugada. Aínda estou conmocionado: a primeira vez que vin un acoitalamento (con todos os detalles) diante dos meus fociños. Seica terme criado nunha vila pequena fai que teña o estrano privilexio de ser virxe nestas experiencias (a miña compaña, vallecano, contaba o habitual que era hai anos polos seus barrios). O Foro estase a converter nunha xungla, quitan as ganas de ir até de visita. Hoxe, secuestro ao carón mesmo de onde paro cando vou de visita (Vallecas). E sen chegar a estes extremos, atascos e moitudumes incluso na madrugada, hostilidade nas miradas e nos acenos, mala educación, falta de civismo básico... Que ben se vive en 'provincias'!
O bon, o pase da fantástica 'Metrópole' no Círculo de Belas Artes con música en directo, os paseos por Chamberí, a temperatura morna da primavera, o bon xantar e a mellor compaña... Quédome con isto!