NEMETH

7.5.06

Desculpas!


Non, por desgraza non ando de vacacións.
Só son vítima dunha combinación nefasta de instenso traballo, cursiños vespertinos e viaxes de fin de semana que non me deixan acougar nin un intre! Mais teño o verme blogueiro nas tripas. Non sei se serei o único, pero sen decatarme vou 'posteando' mentalmente aló por onde vou. Mágoa que despois non teña tempo de sentar diante do teclado pra escribir todo o que querería con algo de xeito. Imaxino que traballar diante dun computador boa parte da xornada, fai que na casa fuxa del.
Volverei!
Apertas :)

PD: a foto foi tirada nas miñas últimas vacacións en condicións, aló por outubro!