
Eu xa vou tan desarraigado que nin vou ás
vendimas, nin ao
castañal (olliño! non
confundir) nin ás
matanzas. Na casa fanna esta fin de semana. Halles chover, e a uva irá mollada prao lagar. E iso non é bo, din.
Iso sí! Beber o
viño e comer os chourizos, as
androllas ou os
bullotes si que o fago con gusto.
5 Comments:
Pois eu dei rematada a vendima onte. Este ano houbo muita uva e o meu sogro (e muita xente) pasou o cupo de quilos. Esperemos que non haxa multa do consello regulador das Rías Baixas.
Graciñas por esa ligazón ás castañas.
By
paideleo, at 3:20 da tarde, setembro 23, 2006
ti si que sabes meu, e que bo que esta todo!!!
By
Lúa, at 10:08 da tarde, setembro 23, 2006
"Iso sí! Beber o viño e comer os chourizos, as androllas ou os bullotes si que o fago con gusto."
Logo tampouco estás tan desarraigado! ;-)
By
Anónimo, at 2:43 da tarde, setembro 24, 2006
¡Non sabes nada, meu!
XD
By
Anónimo, at 11:52 da tarde, setembro 25, 2006
na nosa zona non hai cooperativas e case todo é pra autoconsumo (faise o viño na casa), así que canto máis haxa mellor (mentres teñas cubas abondo pra metelo e que non che saia ao ferver)...
a raigame na terra tamén leva iso de traballala, non só papala, iarrovawo :)
pero de todos os xeitos, que rico está todo :D
By
Nemeth, at 12:34 da manhã, setembro 26, 2006
Enviar um comentário
<< Home