NEMETH

28.4.04

Vai tempo de praia.

Eu na praia penso.
Penso, e miro.
Miro pro mar. Gosto de perderme nel.
Miro pro ceu. Gosto das estelas dos aviós.
Miro prá xente. Gosto de reconstruír as súas vidas.
Que vida esta na que nin tempo temos de mirar.
Na praia miro pra xente.
Xente estraña.
E aínda nos estrañamos do telelixo. O que nos fode e compartir.
Compartir o ollo da pechadura. Sabermos que a ollada non é roubada.
Roubar e imaxinar.Reconstruír. Sherlock Holmes. Hitchcock.
A miña 'Ventana Indiscreta' particular.

non estou emigrado, estou exiliado!

Case que se me atravesan as madalenas ao ler a nova de que seica os mozos galegos non emigramos. Certo, exiliámonos por motivos profesionais. Eu vivín en Canarias e foi pra estudar, certo. Pero eramos uns 20 galegos. Os outros miles seica foron de campamentos.
E unha vez co título pendurado da parede, outra vez pra fóra. Primeiro Madrid. Curta estadía na Coruña pra probar o mobbing e o penoso nível del desenvolvemento tecnolóxico e empresarial patrio. E tras fartarme de viaxar, agora Barcelona.
Menos mal que son de Galicia, o país das marabillas.

27.4.04

diada de llibres i roses...

Aínda non dixera que son un galego (como ven se nota) exiliado en Barcelona dende hai casi que un ano.
Este pasado 23 de abril, foi a miña primeira diada de Sant Jordi. Un dos mellores días que teño pasado por este recanto. Un día de festa sen ser festivo. Milleiros de persoas, milleiros de rosas, milleiros de libros, milleiros de sorrisos. Como o meu: encetar libros con arrecendo a primavera. Será por que non son alérxico.
Asociación de ideas + morriña = Día das Letras. Lembranzas da escola. Mágoa de ver como esmorece.
Antídoto contra a morriña: gregarismo. Gracias, Silviña&familia.
Atraquei a Sargadelos (só foi o comezo do burato na visa).
Clase de economía práctica. 6 do serán. Comeza a chover, tronar e alustrar todo xunto. Consecuencia (non conto molladuras na procura de abeiro): crack bursátil nas rosas. Unha rosiña vermella moi ben engalanada con espiga e todo, antes 4 € (xa lle chegaba, ho!), agora 2 €. Ah! as marabillosas leis da oferta e a demanda. Ao final, adxudicadas por 1€ a uns rapazolos con senyera estalada i tot. O fet diferencial este do carallo.
Sempre soñei con que no 17 de maio con cada libro que se dea, no canto dunha rosa, agasallemos cunha unha xorima ou unha flor de xesta. Somos un país pobre.
Teño saudades visuais e olfativas. Unha imaxe: a serra morada-uz, branca-piorno e amarela-toxo. Un cheiro: piornos e xestas, cun toque de mimosas. Máis morriña.

A leira sen sachar

Eu estes días tan enleado e a leira de blogmillo sen sachar... e veñen visitas. 'Y yo con estos pelos'.