NEMETH

19.12.05

Os nomes

Xa hai ben anos, cando cheguei de noviño a IC, semellábame vivir en Cristal ou La Dama de Rosa (moi de moda daquela). Ao caso, de súpeto pasei de Josés (e variantes...), varias Marías, Pedro, Juanes e nomes semellantes (agás algunhas incipientes Vanesiñas) as exóticas Yaiza Guazimara, Carlos Gustavo, Alexis José, Juan Alejandro ou Yeray Tanausú.

A que vén este conto? Veño de atopar esta xoia, con exemplos de nomes como Jovelina Ó Rosa Cheirosa, Excelsa Teresinha do Menino Jesus da Costa e Silva, Antonio Manso Pacífico de Oliveira Sossegado ou Aeronauta Barata.

Recoñezo que non é doado atoparlle un nome acaído aos fillos, pero tampouco é pra isto...