NEMETH

4.1.06

Fios invisibles

Un agasallo de reis para torredebabel:

O fío do tempo. Vénseme á memoria un conto popular lituano (hai que ler de todo): Un personaxe explicaba a outro en que consiste a vida: Nacemos atados a un fío invisible, damos voltas, imos aquí e alá e o fío vaise enguedellando en moitos lugares e persoas. Ata que un día, o fío rompe. Pero mesmo cando rompe, dicía a historia, un pode tirar polo fío, cun levísimo golpe, e poñer en orde toda a súa vida. E pode, como Teseo no labirinto ou como un pescador de cana, ir atraendo cara si todo o que viviu, todo o que amou, todo o que foi.

sacado da voz.