NEMETH

14.1.06

Normalización...

1.- O ensino privado relixioso (21 centros de toda Galiza) reúnese pra fomentar o galego. Son algo excéptico. Mais góstame o tríptico que fixeron para pais e nais, moi acaido para o noso auto-odio: aprender galego sobre todo por razóns prácticas e económicas. É un paso adiante na óptica da promoción. O galego tamén e práctico, necesario. Non é unha eiva, é unha ferramente útil para o desenvolvemente profesional. Unha visión positiva e práctica e non só sentimental e/ou política.

2.- As galescolas. Aínda que non sei se estou dacordo ou non en crear 'guetos', non sobran iniciativas. Prefiro o modelo catalán ao modelo vasco de ikastolas. De todos xeitos, sorte coa iniciativa!

3.- Achei un novo blogue chamado 'Galego Correcto' moi interesante, pra fomentar o correcto uso da nosa lingua. Visitareino decote. Parabéns pola idea!

4.- Novo Foro Enrique Peinador para promover 'que a galeguización da actividade económica se manifeste mediante o uso do galego como lingua propia das empresas no seu desenvolvemento e nas súas relacións'. Promovido pola Fundación Premios da Crítica e parido aquí. Firma o convenio O'Mendez, de Caixa Galicia. Desconfío... Xa existe a Fundación Galicia-Empresa, de obxectivos moi loábeis, mais de dubidosa eficacia (algúns dos asociados non debeu ler nin os estatutos...). Ao cabo, é unha cuestión de iniciativa persoal de cada empresario.