NEMETH

5.2.06

Reto...

Si, é un reto o que me lanzaron Acedre, Máis Alá e Torredebabel. Un verdadeiro reto de análise, sorpresa propia e investigación embiguista. Non sei se distingo ben entre teimas e defeutos. E coma todas as análises propias, ten moito de aceptación, tamén. Así que, como se soe dicir, son todas as que están, pero non están todas as que son. Sen me considerar especialmente especial, velaí vai un bosquexo:

1.- Chego tarde por sistema. Herdanza da vida en vila pequena que transplantado a grandes urbes chega a límites dramáticos. En cidades medias a traxedia xa non é tanta. Como din algúns por aí, teño a concepción do tempo algo distorsionada. Ou coma diría miña nai, un 'sempresiña'. Especialmente irritábel pra amores actuais e ex-amores esquecidos. Isto de que extremos opostos se atraian évos unha carallada...

2.- Gardar xornais, facturas, tickets, ... Podo chegar a ter media producción de Ence na casa. Sorte que mudo de casa cada pouco. Especialmente irritábel pra alérxicos ao pó.

3.- Mercar libros. Pra algún non será ningunha manía, todo o contrario. Pero despois nunca teño tempo de adicarme a eles como se merecen. Total é o único vicio (recoñecido) que teño (non fumo nin ando con mulleres -malas-). Especialmente irritábel pra contas correntes famélicas.

4.- Desorde, ou máis ben, orde caótico. Dificil de explicar sen exemplo práctico e visual. Gardoo en tarefas pendentes :D Especialmente irritábel pra parellas e compañeiros de piso.

5.- Quitarlle todo o caldo á sopa. Deixo só os fideos. Especialmente irritábel pra nais en festas e/ou compromisos familiares.

6.- Perder de todo en todos sitios. Última víctima: cámara de fotos. Teño perdido ate as gafas de ver, que xa é... Especialmente irritábel pra autoconfianza e o amor propio.

7.- Rompo as cadeas de mails. E por extensión de posts.

Non pensei que este xogo dese tanto de sí pra coñecermonos un pouquiño máis nesta pequena comunidade blogueira...