Xapón.
Supoño que xa se notaría por anteriores post que son un apaixoado do Lonxano Oriente en xeral, e do Xapón e da súa cultura en particular. Esta teima supoño que me ha de vir das lecturas xuvenís de Marco Polo e maxinar as marabillas que aló atopou. Como un lector calquera do século XIV, aínda soño con facer unha viaxe aló. Máis adiante, as bandas deseñadas: Arale, Son Goku, Akira... Tamén fun atopando na miña vida coa xente: a coreana Sen-Yeng na carreira, a indonesia Ade e o chinés Chi-Ho no traballo... E a miña fascinación/curiosidade segue en aumento.
Todo isto pra contar que veño de ver o filme 'Memorias dunha geisha'. Non lera o libro, polo que fun sen prexuízos, non botei nada en falta e puiden gozar coa película. Sen ser unha obra mestra, hai partes realmente fermosas. As críticas din que está feita por e para os occidentais. Pode ser, pero como occidental, gustei dela.
Por certo, aquí tendes unha galería de pintores xaponeses ben fermosa, da que está sacada a ilustración de riba!

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home