San Brais
Mañá ven sendo a festa do San Brais, avogoso dos males da gorxa. É tamén a festa do chourizo na miña comarca, e extraoficialmente tamén unha das primeiras borracheiras da mocidade. Pola mañá pasábase ao santiño pola gorxa dos nenos. E pola noite, pasábase o viño pola gorxa dos maiores. Pra vencer o frío da serra nada mellor que compartir uns chourizos novos asados ao espeto nunha fogueira no medio dun dos soutos da parroquia. Un truco de nai pra evitar maiores males etílicos: dúas culleradas de aceite antes de sair da casa. A iso chámoo espírito práctico: se non podes evitalo, tenta evitar as consecuencias.
Que lonxe queda todo!
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home