Algo de política...
Nesta última campaña electoral tocoume estar, por circunstancias persoais, na casa. A primeira que vivo en directo na miña vila. Fun a todos os mitins que puiden (PSdG e BNG). Ao do PP non puiden, foi tarde de maís e xa marchara. O caso, que despois din que a política non serve de nada. Grazas a ela vin correr a un coxo. Certo que ten moito que ver con que era un 'prohombre de la sociedad', señorito dos de toda a vida, membro ilustre da sociedade e das forzas vivas, coxiño de afeito polos anos que leva enriba e que errara de venres. En troques de ir ao acto 'de los suyos', foi ao dos outros.
Toda esta leria ven a conto, que neste mitin dos 'outros' vin a este cabaleiro, que me está gustando moito. A impresión daquela non fora moi boa. Que aburrimento! En troques de falar para paisanos semellaba que non saíra do Hórreo. Pero o que importa non é ser un showman, senon facer as cousas ben, ter imaxinación pra tentar resolver os problemas do noso rural e estar comprometido cos sectores productivos básicos.
Que as esperanzas se convirtan en realidades...

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home