NEMETH

13.3.06

Que duro é traballar...

ou polo menos, ás veces. Velaquí a miña última saída da oficina, a semana pasada.

Agora que agroma a primavera e o tempo vai sendo máis morno, é un gosto ver o mar e a neve a un tempo...


O que se alvisca ao fondo é o delta do Ebro, dende o curuto de Caro, pertiño de Tortosa.

A poucos quilómetros de Tortosa e Roquetes (a 'mancha' do fondo, na foto), a estradiña comeza a rubir polas costas d'Els Ports...

Até chegar aos 1430 metros do Mont Caro, a escasos 15 km das praias e Amposta e Deltebre...

Non saquei testimuño gráfico ningún, pero menos lindo foi a mole da nuclear de Ascó. Dá medo. Hai que parar aos tecnócratas.

Saiu todo o traballo ben, e amais dun feixiño de fotos emprestadas, levei unha saqueta de 'taronjas' ben gorentosas pra casiña. Sobredose de vitamina C.