NEMETH

7.3.06

Nais

As nais teñen un sentimento tráxico moi desenvolvido (non só a idiosincrásica de levar muda limpa por se che pasa algo, como ben dí eue).
Despois de ternos aturado, limpado, mantido... e un loooongo etcétera media vida, cando xa somos grandiños e hai anos que liscamos da casa, recibes unha chamada (tentando parecer despreocupada), preguntando que como che vai todo. Preocúpaste, non é moi normal que chame un domingo ao serán (hai moito na tele que ver). Sóache raro. Pregunta se estiveches na casa ou saíches e que que tal vas. Cando o luns les o xornal, xa cadra todo... Co instinto maternal debe de vir un filtro ou peneira de traxedias que, contrastando automáticamente coa localización xeográfica da prole esparexida polo mundo, activa os mecanismos de alarma e defensa. Será polo meu estilo 'vaicheboa', pero entérome das traxedias e sucesos pola miña nai.

Que fariamos sen elas!