NEMETH

22.2.06

Este xoves...

ven sendo Xoves de Comadres. Nos meus tempos mozos (non dramaticemos, máis mozos...) tiña que andar vixiante ao andar pola rúa ou ao ver un fato de rapazas de fronte (pola enfariñada). E pasar todas as aulas coa roupa de abrigo posta, pra que non acabara pendurada dalgún poste no lardeiro (queimábase tan só o boneco de xesta). E algún ano tocou liscar do insti pola parte datrás cunha nevarada do demo, que por evitar a fariña acabamos enchoupados (o noso orgullo quedou intacto, iso si).
Aquí hoxe din a noticia de que esta fin de semana era 'Carnaval' (o meu Antruido)...

Velaquí o futuro, aínda que sexa vigués e só vaia pra festas, romarias e paparotas... :)

A mázcara típica do Entroido ourensán (penso que tamén en Laza e pola outra banda da Serra a teñen): O Boi ou Touro (nunca lle mirei se estaba capado...). Tamén hai A Vaca. E non aparece, pero por aí perto andaba o Toureiro, unha sorte de parodia dos 'toreros'. Este da foto é da parroquia de San Lourenzo de Trives (da Asociación Os Labregos).


E xa por último o folión de San Fiz. Nos tempos d'antes, cada parroquia tiña o seu 'fulión', cun toque especial que as diferenciaba. Este hai aínda pouquiño tempo que se recuperou. Que teñan longa vida.