
O venres pasado fun ver
Volver, de Almódovar. Eu gostei bastante, sobre todo despois de
'La Mala Educación' e
'Hable con Ella', das que non gostei gran cousa. É certo que non asume riscos ningún, e que se auto-plaxia constantemente, mais havos gustar se gustáchedes de
'Qué hice yo para merecer esto'. '
Vuelve' o Almodóvar clásico.
Todo son loubanzas pra Penélope Cruz, pero eu por contrariar, quédome con Blanca Portillo.
Por certo, aparece o noso
Carlos Blanco, fugazmente e con sotaque andaluz.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home