NEMETH

4.4.06

Un bicaso pra See!

Como diría Miguel de Lira, 'esa comunitaria villa'. Agardo unha visita da Costa da Morte, transplantada a terras do Sur. A ver se lle gusta este humilde lar e volve visitala cando goste. Neniña, tes unha cousa que se chaman comentarios xusto embaixo de toda esta parrafada. Premes e ábrese outra ventaíña... Alí podes deixar (escribindo), todo o que queiras :)
Hai case que dous anos que nin nos falábamos e hoxe case non colgamos o teléfono... Non tiña a sensación da distancia nin física nin temporal. Estou ledo de verdade. Xa levo un sorriso pra toda a semana. E xa está feita unha mulleriña... casasenos no vrao! Xa todo é posíbel :)