NEMETH

12.5.06

Cen acentos, cen cores.


Fermosísima inciativa de Fillos.org: pretenden axuntar voces galegas con todos os acentos nos que se fala a nosa lingua ao redor do mundo. Faime lembrar a primeira vez que ouvín a un galego-arxentino. Sorpresa e emoción foron as sensacións que tiven daquela. Desta vez volto sentir emoción e ben seguro que sentirei sorpresa por ouvir sutaques descoñecidos en palabras familiares.

Velaquí o poema de Lugrís proposto:

¡Amor da terra! sempre vivirás firme e forte
No meu peito namentras que non me leve a morte;
Meu único luceiro que nas noites de dôr
Quencerás omeu corpo con lóstregos damor.
Roseira milagrosa do meu querer profundo,
Que enche côs seus arumes os ámbitos do mundo.
Nasce en nidias arelas como o primeiro amor;
E unha ardencia sin lume, ê un recendo sin fror.
El mantén a esperanza do galego exiliado;
El ê a fonte de bágoas que lavan o pecado;
Salvando as nosas almas él nos fai retornar
A cumprir coas obrigas do noso santolar.
¡Amor da terra! sempre vivirás firme e forte;
Mentras a Celtia viva non termeral-a morte!

Xa postos, veredes no cantón superior esquerdo unha chorima, iniciativa tamén coa que estou plenamente dacordo. Agasallar un libro cunha chorima (tamen valería unha flor de xesta...). As boas ideas non está de máis copialas e adaptalas ao noso.

E por último, un novo baner na barra do lado. O d'A Mesa. Xente traballadora e que levan conseguido pequenos grandes logros para o galego. Dende a dobraxe de cinema ou a galeguización da banca, até os cartaces das Rebaixas ou as liortas co L (xa ninguén se lembra de cando berraban sós polo oU).

Boa fin de semana!