NEMETH

21.7.06

Blogger...

que carallo lle pasa a isto hoxe??? nos aparecen os caracteres con til!
Tarefa pra despois das vacances: mirar de pasarse dunha vez pra Blogaliza.

Xa teño as maletas feitas! A partires do domingo e até o sábado 29 vou estar pola terriña, concretamente da cabalo de Compostela e A Coruña.
O meu e-nderezo é nemethon@gmail.com.

Tentarei ir posteando de cando en vez!

Pra rematar un debuxiño do Xosé Lois...


Onte case que afoghamos, mais hoxe isto é lume...

Ruinas



praos que gostamos das ruinas, dos lugares decadentes, o especial de onte de culturagalega.org (por certo magnífica serie a de Turismo cara B!) de seguro que nos interesou e abriu novas posibilidades de lecer na Terra.
Podedes ver máis fotos (moi boas!) no Flickr de José Cadaveira, ou tamén na súa páxina. Concretamente acó un plano coas ruinas militares da Galiza Norte.

Arriba podedes ver o Cabo Prior e de seguido un túnel en Ferrol.

19.7.06

Preparativos finais.

Hoxe ando enleado.
Volvo ter cámara. Agardo que desta vez non lla "doe" a ningún aproveitado. Se non, tou por constituir 'Camaras Mundi' ou algo así.
Por outro lado caíu unha treboada macanuda acó, e case que me asolaga a casa (tupiuse o sumidoiro do patio).
E aínda pra máis, marcho de vacacións pasado mañá e ando frenético cos preparativos. Despois de estar uns días en Compostela, marcho pra Eire en plan Lonely Planet (por certo, podedes ver o episodio adicado á illa en catro cachos 1, 2, 3, 4). Coa guía, a cámara e o bonobus perdereime 11 días a que se rían de min e do meu inglés macarrónico. Será por iso que me meterei nos Gaeltacht de Donegal, Connemara e nas illas Arán.
Velaí vai un pequeno adianto:Cantís de Moher, Co Clare.

Afiador!

Dibujo de la Rueda de afilar.

O meu avó materno (O José dos Caseiros), de profesión cubeiro ou carpinteiro (segundo a época), seica de mozo fixo de afiador e chegou a durmir unha noite no Mosteiro de Piedra (perto de Nuévalos, Zaragoza).
Qué diría de onde ten chegado o seu neto?

Por certo, ben está que se mire por estas tradicións.

17.7.06

Galiza e a Internet...


Que país!

Cousas de musas


Seica esta rapazola estase a converter nunha caste de musa da nosa literatura, obxecto das fantasías de adolescentes e doutros que xa non o son... Como alguén que diga isto pode estar de xuíza das letras? Será que me entrou pola gorxa do aire... ou como di ela 'atragoouseme':

"Chegados a este punto, cada vez que volvo ver o famoso spot publicitario da campaña de Turismo galego na TV, xa comezo a atragoarme. As idílicas imaxes e a irreprochablemente seductora voz de Luís Tosar gústanme, claro. O que non podo nin entender é o texto do guionciño, esa pasarela de aspirantes a ?como Jaureguízar lles chama? concursos de Miss Verba que xa cheiran a trasnoitados a parte de a esterco (cando no noso país existen moitos máis cheiros, plurais, modernos, etc). Que se "luscofusco" (¿algún galego/a pronunciou algunha vez na súa vida algo como "Oíches, meu, ¿quedamos para tomar algo, aí polo luscofusco?"). Que se "carballeira" (pero se case non quedan! Está todo de eucalitos por todas partes!). Que se "morriña ?¿séntela?" (?mmm, pois fíxate que non, non moito). Que se "badalada" (outro clásico destes concursiños, Miss Verba na edición de Compostela, polo menos). Por qué as palabras que nos representen teñen que ser só unha serie de arquetípicos enxebrismos que apenas usa ninguén? para tomar algo, aí polo luscofusco?".

Independentemente que me gostase ou non o anuncio en cuestión, que empregue 'entre o luscofusco' (por apredizaxe da miña mai, concretamente), que por desgraza sinta todos os días morriña e que na miña terra haxa carballeiras (e soutos), esta é a típica actitude de autonoxo e ignorancia. Évos o que ten ser urbanita metida a doutora en letras. Non deixa de ter razón que habería palabras ben máis fermosas, mais que un non as coñeza non quita que estean ben vivas (alguén emprega atragoar, agás o diccionario?). Así lleva á lingua...

Yolanda, dende aquí te lo digho. Yo te soy uno deses que te habla enjebre, muy de monte... te seré tan rariño, ho! Te convido cuando te preste a mi aldea,que anque cheire a estiercol te es bien jeitosa y así poderás ver que no te soy el único que habla raro. Un besiño...

Desde Galicia para el mundo...



versión Culturagalega.org. Sexa benvida toda nova iniciativa. Praos que ficamos fóra, é un bo xeito de matar as saudades. Menos mal que o vindeiro sábado voaerei por riba das terras que amosa este video...

11.7.06

Visita fugaz


Estiven 26 horiñas na terra. Visita fugaz e non desexada. As cousas non por máis agardadas son máis doadas...
Hoxe volta á unha abafante 'normalidade' de milleiros de cousas á facer e de feixes de viaxes, voltas e reviravoltas que tocan dar nestes últimos tempos. Estoume a gañar a pulso as vacacións onda os irmáns do norte.

Por certo a foto é de Virxilio Viéitez. Qué grande invento (e negocio) o dos tanatorios... seica non lles ha chegará pra mercar un ventilador?