Couto Mixto.
Hoxe chegou aos meus ollos un artigo algo vello do País sobre O Couto Mixto (vía renas). Non é que sexa ningunha xoia nin que conte nada que non se soubera, mais a morriña manda... Como sería se aínda conservaran hoxe a súa ancestral independecia? O galego chegaría á ONU ou a Eurovisión da mao d'O Couto, como o catalán con Andorra? De seguro que había de ser unha locomotora económica e estandarte identitario de primeiro orde. Pero todo quedou en nada ...
Aproveito pra recomendarvos a páxina de Xurxo Lobato, na que hai unha linda galería fotográfica sobre o Couto Mixto, ou o completiño tema de culturagalega.org sobre o mesmo. Máis vencellos acó e acolá (mágoa que a asociación non teña versión en galego... que falarán os veciños?).
E xa postos, tamén aproveito pra reivindicar os pobos promiscuos (Tourem, Soutelinho da Raia e Lama de Arcos). Na miña bisbarra hai aldeas pertencentes a concellos, provincias ou bispados distintos. O caso máis famoso é o d'Os Peares. Mais tamén están Portomourisco, Freixido, Casares, Ponte Navea... Non hai separación nin física nin psicolóxica. E todo un mesmo territorio.
A absurdidade das fronteiras e alfándengas separando o que sempre estivera xunguido, como querendo borrar o noso irmanamento. Xa se sabe que a promiscuidade non lle presta ás mentes ben pensantes, hoxendía e xa daquela...
Xa non viaxo máis por hoxe... :-)
6 Comments:
Levaba un tempiño sen entrar no teu blog e vexo que estás en moi boa forma. Grazas por levarnos de viaxe por tantos e tan pintorescos lugares. Unha aperta.
By Veloso, at 11:54 da manhã, agosto 31, 2006
Xa estou de volta xa me tardaba de pasar por aquí...
Unha aperta grande viaxeiro.
:)
By Anónimo, at 3:19 da tarde, agosto 31, 2006
Dende logo que son unha parvada as fronteiras e muitas leis.
Eu souben do Couto Mixto por Ferrín e abraioume o concepto.
By paideleo, at 7:22 da tarde, agosto 31, 2006
graciñas polos vosos comentarios.
Seguirei viaxando coa gratificación de saber que teño tan boa compañía nestas viaxes.
Marinha, benvida de novo, xa che se botaba de menos.
Veloso, o da miña boa forma é bastante discutíbel :-)
Acedre, encántame facer de guía turístico. Debe de ser a miña vacación frustrada.
By Nemeth, at 10:17 da tarde, agosto 31, 2006
meu. o galego xa é reconhecido na onu co nome de portugues. couto mixto is not spain!
By Anónimo, at 4:36 da tarde, setembro 10, 2006
na onu non recoñecen o galego. por moito que nos pese é así, sen o nome non temos presenza, por moito que o galego (versión ortográfica portuguesa) estea representado, faino como lingua oficial de Portugal, Brasil, etc... non da Galiza.
By Nemeth, at 1:48 da manhã, setembro 11, 2006
Enviar um comentário
<< Home