Merrion Sq.
Como tiña un bon rato aproveitei e paseei o centro da cidade. Sorprendeume o tamaño (paséase en dúas patadas) e a disposición (todo casiñas sen grandes predios). Aínda así non gustei demasiado. Moita turistanga, toliños por mirar unha páxina dun fermoso libro e degustar in situ unha cervexa con regusto a café...
Na foto podedes ver unha típica casa de estilo xeorxiano en Merrion Square, un oasis descoñecido e afastado das ordas visitadoras de Colleges Pubs. E de seguido, unhas típicas e tópicas portas destas mesmas casas. A falta de colorido súpleno nas fachadas e mobiliario urbano.

1 Comments:
Encántanme as guías turísticas en primeira persoa.
Graciñas por pasearme.
By paideleo, at 11:54 da manhã, agosto 30, 2006
Enviar um comentário
<< Home