
Día de reconto de pérdidas, de guerra de cifras, de lamber as feridas... Non vou descobrir nada novo, nin dicir nada que
xa non se dixera. Xa
outros o fan con máis xeito ca min. Foi unha volta chea de mágoa. Unha dorosa volta ao mundo.

De volta do Porto o fume chegaba deica Viana do Castelo, a autoestrada cortada en Caldas, Compostela cheirando a fume. Dende o bus non daba creto. Hoxe estamos en tempo de análises, de responsabilidades.

Galiza volve ser
mártir. Só falta saber dos verdugos (ou non...).
1 Comments:
Foron momentos de medo e incertidume. Agora coido que o traballo d@s expert@s vaia a diante e dea os seus froitos.
Unha aperta.
:)
By
Anónimo, at 9:33 da manhã, agosto 18, 2006
Enviar um comentário
<< Home