Volta á normalidade...
Voltamos despois dunhas longas (anque curtas!) vacacións, productivas e intensas. Xa vos irei contando polo miúdo as miñas impresións dos curmaos do norte (agora que estreei cámara teño unha reportaxe macanuda!).
Tamén me gustaría falar de moitas máis cousas. Da marabillosa tarde compostelá con Marinha e Artipractor. Do meu primeiro Día da Patria de 'adulto' en Compostela. Das miñas pelexas co pésimo transporte público do país...
Pero a volta á 'normalidade' évos moi dura e xa é moito ir soltando estas letras.
Pouco a pouco.
Unha aperta postvacacional a tod@s!
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home