NEMETH

26.9.06

Cousas

Non é un post sobre os contos de O'Castelao. É un intento de rachar a apatía que teño enriba. De condensar as varias cousas das que me gustaría escribir e non atopo o xeito de amañalas coas letras. Despois dunha fin de semana intensísima socialmente (estamos/están na idade fértil), danzante e con noite en branco incluída (coma non) esta semana estáseme a facer especialmente costa arriba. Entérome de que O'Vello e O'Cardillo (como dixo O'Moucho nos comentarios) son académicos da RAG. País esquizofrénico este. Tamen se me vén a memoria a peli sobre as leas irlandesas feita con certa mestría (sen pasarse) por O'Loach. Isto chéirame a saudades das vacacións na Illa... Haberá que ir plantexando o chouto á outra...

3 Comments:

  • As fotos do flicker están moi ben. A das ovellas pacendo co mar ó fondo parecese moito a onde vivo eu, antes de que empezaran a construir centos de apartamentos e chalés.
    De tódolos xeitos por moito que busco non atopo unha foto túa.

    By Anonymous Anónimo, at 7:50 da manhã, setembro 26, 2006  

  • Fraga na RAG !!!!!. Bueno, eu lin esta semana que Franco foi un escritor...

    By Blogger paideleo, at 8:11 da tarde, setembro 26, 2006  

  • tamén era un notábel cineasta :)

    e que todos temos o noso pouquiño mérito, non creas :)

    randeeira... as miñas fotos están por publicarse no Hola, pero non pagan o que valen por elas! :D

    unha aperta

    By Blogger Nemeth, at 11:49 da tarde, setembro 26, 2006  

Enviar um comentário

<< Home