Everyday
Grazas a IaRRoVaWo sei dun curiosísimo vídeo dun tipiño que dende novembro do 2000 até agora se fixo unha foto diaria da súa humilde persoa. Incríbel pero xa hai 'remixes' do vídeo en cuestión. Velaí vai:
Un xeito de foto-diario moi persoal (hai un bon feixe de cousas parecidas pola blogosfera adiante, algúns xa os coñecemos ben). O caso é que lembraba ter visto nalgures algo semellante. Achei algo igualiño aquí. Se ven esta tipiña o sacara antes, comezouno despois co amigo Noah (quen vencella a estoutros tipiños/toliños). Pero tampouco é o que pescudaba...

Ao final atopeino. O célebre fotógrafo Richard Avedon (o dos retratros de famosos...) sacara nunha exposición no Museum of Modern Art no 1974 unha serie de sete fotografías do seu pai Jacob Israel dende un ano antes de morrer. Nelas pódese seguir como avellenta, mellor dito, como se vai esvaecendo no fondo branco. Non hai peor testemuña do paso do tempo que as imaxes, non hai bótox que valla...
Non atopei as fotos en cuestión, pero amósovos algunha outra del...
Non atopei as fotos en cuestión, pero amósovos algunha outra del...
Dous dos representantes dos neo-con ianquis, posando pra un progre...
Podedes ver máis acó.
Por certo, mil desculpas... saiume un posteo algo denso de máis.
3 Comments:
Despois de atopar ao Noah, andiven a procurar máis personaxes que fixeran o mesmo e atopei os mesmos ca ti. Non deben haber moitos... :)
Eu xa fixen a miña foto de hoxe.. a ver ate canto duro... :)
By Anónimo, at 1:25 da manhã, setembro 11, 2006
jejeje... o da naomi campbel en realidade é un inxenioso sistema de detención de ventosidades, tamen chamado ISDV.
Diola, perdoade a ida de olla, e que estou estudiando para un exame que teño este sábado, e teño o "selebro" un pouco "enqueloutrado".
Bicos mil rapasote!! ;-)
By Anónimo, at 12:19 da tarde, setembro 14, 2006
sorte nos exames!
un bicaso
By Nemeth, at 9:15 da tarde, setembro 14, 2006
Enviar um comentário
<< Home