
A fin de semana pasada fun ver ao C.C do Conde Duque de Madrid unha
exposición de arte que me pareceu atípica, por xunguir con acerto arte e ciencia. O interesantísimo documental proxectado fíxome aprender cousas e relembrar conceptos esquecidos e tempos idos, cando na carreira fedellabamos co MatLab ou 'xogabamos' facendo os nosos
fractais. Non
sabía da súa relación co
Caos nin a súa
aplicación práctica tan inmediata e a eidos tan 'alleos' coma a literatura ou a socioloxía. Aproveitade pra botarlle unha ollada de vagar á páxina de
DivulgaMat, de seguro que as matemáticas non vos van parecer tan endiañadas coma na escola!
3 Comments:
O problema da xeometría fractal é que se te adentras nela verás as cousas (nubes, liñas de costa, as plumas dos paxaros, as correntes de auga...) cuns ollos diferentes.
By
Xosé Manuel Carreira, at 12:26 da manhã, setembro 09, 2006
problema? what problem?
unha aperta
By
Nemeth, at 9:56 da manhã, setembro 09, 2006
Caramba, caramba que maravilla!!!.
Unha aperta.
:)
By
Anónimo, at 12:39 da tarde, setembro 09, 2006
Enviar um comentário
<< Home