NEMETH

4.9.06

Agasallos.


Esta fin de semana apañei unha chea de agasallos. Os máis deles non os podería nin explicar, non me caben no peito. Outros, enchéronme de ledicia e dun estrano desacougo. De saudades dun sitio onde nunca estiven. Trouxéronme un lote de recordos de Bos Aires: algunha moeda arxentina, libros e postais vellas mercadas en San Telmo, un bon tinto Malbec de Mendoza (haberá que deixalo repousar da viaxe pra catalo con xeito) e un libro de vistas do Bos Aires do 1854 ao 1930 (no linque pódense ver un bon feixe delas). Non podo deixar de pensar que parte de min mesmo fica aló. Que meu pai non viu eses sitios tal e como os vexo eu no papel (marchou pra alí no 1950, reclamado polo irmao grazas a esta lei), pero si meu avó (que ía e viña dende primeiros do século). Chamoume poderosamente a atención esta instantánea que atopei pola rede e que tamén aparece no libro...

Titúlase 'Afililador'. Apostamos a que era paisano?

Aínda que non se pode apreciar grande cousa, esta é outra das fotos máis lindas que aparecen no libro. Unha instantánea de 1899 do Hotel de Inmigrantes. Veño de coñecer a súa existencia e fiquei pampo. Nel inaugurouse o Museu Nacional da Inmigración de Arxentina. Mágoa que non dea feito furrular a base de datos...

Unha ledicia ollar prás postais de 'El Rosedal', da imponente praza SanMartín ou dos Xardíns de Palermo en branco e negro ou cartolina coloreada...

3 Comments:

Enviar um comentário

<< Home