NEMETH

1.9.06

Irlanda Megalítica.

Pra que disfrutedes da fin de semana, velaquí van unhas fotiños das vacacións. Son todas da moi turística atracción de Brú na Boinne (literalmente, 'O Pazo do Boyne'). Ven sendo unha morea de monumentos megalíticos espallados no val do río Boyne, perto de Drogheda e Donore (no condado de Meath, literalmente 'O Medio'). Como se pode ver na seguinte foto, o nome non é o único que lembra á Comarca e á Terra Media. Semella que ía aparecer en calquera intre Frodo ou Bilbo Bolseiro...


Knowth

Pertence ao xacemento de Knowth, unha grande tumba de corredor arrodeada doutras máis pequenas. Non se podía entrar adentro xa que aínda seguen a escavar, pero si que puidemos subir por riba e admirar a verde campía (momento xusto no que se acabou a batería da cámara). Foi ocupada de forma ininterrumpida até a desaparicións dos mosteiros na Idade Moderna. A pesares de que a visita non é moi completa (e sempre coa guía vixiando) impresionan as moreas de petrogrifos que hai nas pedras que arrodean os túmulos. Como o da foto que segue, noutra tumba pertiño, a de Newgrange (a máis importante e grande de todas).

Kerbstone 52

Pertence concretamente á kerbstone 52 (disque podería representar a constelación de Orión e a estrela Sirio). Esta tumba está datada de antes das pirámides de Exipto e só posee un corredor (que se pode visitar) duns 19 mt e no que custa entrar (eu que estou de bon ano). Nos solsticio de inverno, ao mencer, o sol entra por unha abertura que hai por riba da porta de acceso e iluimina a cámara central (máis información neste linque). A continuación podedes ver un detalle da pedra da entrada. A triple espiral repítese dentro, pero non deixaban facer fotos (hai que fomentar a industria das postais).

Tripe Espiral de Newgrange

Xa por último, unha vista xeral de Newgrange. Semella moi novo, e se me guío polas fotos vellas que vin... está moi rehabilitado. Pero non deixa de ser impresionante entrar nun sitio construido hai tanto tempo, cheo de misterios e onde cada pedra ten o seu porqué. E aínda pensamos que daquela eran bárbaros...

Newgrange, Brú na Bóinne, Co. Meath

Podedes atopar moreas de información sobre os monumentos megalíticos en toda Irlanda acó (ficarán para a próxima vez que vaia). Hai que ver que ben aproveitadiñas teñen as pedras vellas... A ver se imos aprendendo polo país, no canto de ir arrombando con todo (o círculo lítico da Mourela, n'As Pontes é o último exemplo, que non derradeiro).
Temos centos de dólmenes, mámoas, medas, madroas, medoñas, arcas, fornos de mouros, parafitas, pedrafitas, menhires, cromlech, petrogrifos, penas escritas, etc... Por que a xente non fai viaxe a Galiza por iso e sí a Irlanda, Inglaterra ou Bretaña?

4 Comments:

  • Irlanda é unha materia pendente, de momento sanda envexa e recoller documentación.
    un saúdo

    By Anonymous Anónimo, at 9:20 p.m., setembro 02, 2006  

  • Da gusto pasar por aquí e aprender tantas cousas da túa man...
    Que sirva de reflexión mirar para o que temos, coidalo e promocionalo.

    Unha aperta.
    :)

    By Anonymous Anónimo, at 3:12 p.m., setembro 03, 2006  

  • sz, non perdas a oportunidade. Paga a pena de verdade!

    Marinha, coma sempre, é un verdadeiro pracer :D

    By Blogger Nemeth, at 3:57 p.m., setembro 04, 2006  

  • olaaaaa sou portugesa com muito gosto mas gostava d saber espanhol!!
    mas tambem as linguas na sao tao diferentes como isso né?

    By Anonymous Anónimo, at 7:11 p.m., maio 14, 2008  

Enviar um comentário

<< Home