Enquisa...
con moi mala baba (sendo benévolos) é a feita pola Voz estes días na súa web. Tería que pór: 'Apoia que os escolares reciban as súasa clases integramente en galego se así o queren os seus pais, teñen a sorte de que se oferte no seu centro e hai prazas libres?'. A cursiva é o meu engadido...
Nota: se ides ler o comentarios da enquisa, tende a mao un bote de quilo de bicarbonato...De todos os xeitos quero crer que este vai ser o primeiro chanzo, e pró ano haberá máis e mellor. Que non quede todo en propaganda. Estase facendo máis do que se facía, é certo. Pero tamén é verdade que non se fai nin á velocidade nin do xeito que me gustaría. Quero pensar en positivo. Ten que ser o primeiro paso prá normalización do idioma, que no próximo curso se espalle por todas as comarcas e cidades.
Xa aproveito pra recomendarvos (sobre todo aos novos pais e raparigos) unha excelente web educativa: edugaliza.org.
2 Comments:
Co teu permiso vouche a postear aquí un comentario que me deixaron no meu weblog no artigo "UNED en galego,por que non?". Creo que é interesante:
"¿Faría sentido usar só o castelán nos centros asociados de Viveiro, Foz ou A Rúa onde o 100% dos alunos son galegofalantes?" MEEEECC. Error. (En Vivero el gallego sólo lo hablan los del Bloque y algunas pescaderas, pero ninguna estudia en la Uned).
Mira tío, la única razón por la que elegí la UNED para hacer mi carrera, -a pesar de tener tres universidades en Galicia en las que se imparte-, es porque no quería tener que estar traduciendo a mi lengua materna los apuntes de un "mestre" que me dictara la asignatura en un habla primitiva (-quedé harto en el instituto con los "mestres" de galego y uno de historia de España-). Así que vete a dar por culo a la "Universidade de Santiajo" y déjanos en paz a los que queremos aprender.
El gallego para el que le guste. ¡Libertad de idioma en la enseñanza YA!
(Y encima vas y nos llamas "proletarios", ¡hay que joderse aquí con el persoeiro!)
By Xosé Manuel Carreira, at 12:44 da tarde, setembro 02, 2006
encántame esta xentiña que di 'nadie hace ...' ou 'toda la vida se hizo así...'
na miña familia hai alguén que afirma, sen pestanexar, que 'toda la vida se dijo Arosa...'. Xa non sei nin de que sorprendo!
Será que son un bloq/gueiro sectario, insolidario, batasuno e con rabo (e pallas no cu)...
graciñas polo comentario...
By Nemeth, at 4:01 da tarde, setembro 04, 2006
Enviar um comentário
<< Home