
Chega ás miñas maos esta curiosa
noticia, e o dia seguinte
estoutra. E como unha cadea, chego a coñecer o
traballo da fotógrafa australiana
Belinda Mason-Lovering. Ten fotografías verdadeiramente abraiantes tanto polo contido e o continente. Como esta do atleta paralímpico
Gerry Hewson, a súa muller Louise e mailo seu fillo non-nato Thomas:

ou estoutra, titulada "Megan James, vida despois dun cancro de mama"...

Hai situacións e problemáticas que fican agochadas na nosa sociedade (ou non as queremos ver) e nas que cómpre reflexionar de cando en vez pra coñecermonos un chisco mellor a nós mesmos.
4 Comments:
A capacidade de adaptación con nos mesmos e cos demais é o que nos define.
As fotos están xenial e a verdade é que che fan repensar moitas cousas.
Unha aperta enorme :)
By
besbe, at 12:18 da manhã, outubro 30, 2006
As discapacidades son aínda hoxe na nosa sociedade "avanzada" o gran tabú por descoñecemento e porque ás administracións importalles un carallo. E podo afirmalo con coñecemento de causa porque a miña vida compartoi cun neno autista.
un saúdo.
By
Anónimo, at 5:08 da tarde, outubro 30, 2006
Non deixas de sorprenderme coas tuas ligazons.
Un saudo.
By
paideleo, at 6:35 da tarde, outubro 30, 2006
As imaxes falan por si mesmas, opino igual que acedre as ligazons son xeniais.
Unha aperta.
:)
By
Anónimo, at 9:08 da tarde, outubro 30, 2006
Enviar um comentário
<< Home