Noite dos Carros
Xa temos outra discusión bizantina (non somos os únicos): a contraposición entre O Samaín (ou como carallo se diga) e O Ghalo Güín. Eu no me lembro de ningunha tradición das que se falan estes días pero gústame que se recuperen ou que non esmorezan. Sen prexuízo de que cada quen celebre o que lle pete e sen perdermos a perspectiva de nos saber herdeiros dunha orixe común. Non debemos renunciar á nosa humilde contribución local a este mosaico global. En Euskal Herría fixéronno co Olentzero, en Catalunya co Tió de Nadal, co Saci no Brasil, coa Noche de Ánimas do Alto Aragón...
Na miña bisbarra é o dia dos carros. Antes a feira máis importante do ano e a de Santos, xa estaba todo recolleitado e había tempo de ir vender os excedentes á vila. Tamén é o día escollido no canto do San Martiño prao Magosto (igualiño ca en Catalunya coa Castanyada). E a noite de antes atrancábanse os camiños cos carros ou se penduraban das árbores. Hoxendía, como case non hai carros, fanno cos contenedores do lixo e os chimpíns. Hai xente que nin durme esa noite. E son os que con máis gañas se lle rouba. Ou como lle fixeron o ano pasado ao párroco de San Martiño. Ataronlle un burro á cordel das campás e puxéronlle un feixe de herba fóra do seu alcance. E claro, estivo repenicando toda a santa noite. Menos gracia ten outras trasnadas como a que lle fixeron á Señora Carme de Cimadevila, que lle ceibaron os marraos de ceba (a menos dun mes das matanzas pouca graza lle fai a ninguén perder cinco cebotes). Así que mañá a máis dun lle tocará ir apañar contenedores á parroquia do lado ou baixar algún carro dalgunha ponla. E estamos agardando todos por saber a que lle teñen preparada a Don Magín.
E eu aquí...

4 Comments:
Curioso.
Por esta zona roubabanse os carros e as cancelas a noite de San Pedro e agora pasou a de San Xoan.
Agora hai poucos carros pero roubanse remolques ou contedores.
By paideleo, at 12:29 da tarde, novembro 02, 2006
E rematas decindo -e eu aquí- mais con moito ritmo e sen parar de movelo cú ou pensas que non o sei...?
Unha aperta.
;)
By Anónimo, at 3:04 da tarde, novembro 02, 2006
Acedre, as tradicións adaptándose aos novos tempos...
E ben podía move-lo cu na casa, despois de quitar algunha cancela do sitio, ou comer uns purgazos acabados de facer :)
apertas
By Nemeth, at 10:20 da tarde, novembro 02, 2006
OLA!
Parabens!
Gostaria de convidalos para participar
do nosso portal www.zigbr.com coloquem
materias ,classificados,coloquem seus links
ficaremos muito felizes com vossa participação obrigado
By Unknown, at 7:40 da tarde, março 27, 2007
Enviar um comentário
<< Home