Bon Antruido...
Hoxe lin en culturagalega.org sobre o Entroido de Salcedo, en terras da Pobra de Brollón, na outra beira do Sil. Falan das moitas similitudes cos entroidos de Europa adiante.
Eu non dou chegado tan lonxe. Mais chámame a atención as semellanzas co entroido dos Pirineos. Ese medo ou respeto ao oso/onso/hartzaé común e lóxico nunhas sociedades gandeiras. Unha das mázcaras da miña infancia zoscábanos cunha vexiga coma os zaku-zaharrak do entroido/iñaute de Lesaka. Os boteiros, mázcaras, irrios e peliqueiros fan soar chocas semellantes ás esquillas de Aragón e as polunpak ou joaleak vasconavarras. As madamas en Aragon e Galiza son irmás das mairuak de Nafarroa.

O caso é que lendoo, veume á memoria Bielsa, no Sobrarbe do Alto Aragón. Esta vila ten un Carnabal de sona, o mellor conservado de todo Aragón.
Nesta foto antiga vese a personaxe máis representativa, o 'onso', que é como lle chaman ao oso no dialecto belsetán, gardado por uns 'domadors'. Seica nos Pirineos din que se o oso sae da cova e se atopa coa lúa vella volve acubillarse e a primavera ha tardar corenta días máis. Se é noite pecha, adiantarase o ciclo. Igualiño que no sonado Dia da Marmota ianqui (do que soubera polo Acedre), só que é máis doado de manexar unha marmota...
Tamén teñen madamas,
E velaquí o amontato (un home dacabalo dunha vella). Non atopei nada do caballé (cabalo que un mozo loce na súa cintura), da hiedra (feita coas follas dunha hedra) e da garreta (mázcara feita de panos portugueses). Case como se estivera na casa...
Non vos perdades tamén as historias (rifa incluída) en belsetán en Charrando TB. Cousas ben interesantes como a da Bolsa de Bielsa, dramático episodio da Guerra Civil, no que esta vila quedou como reducto republicano tras do avanzo das tropas nacionais.
A beleza destes vales ben paga a pena. Velaí unha mostra deste pasado mes de decembro, sacada dende o Collado de las Pegueras, a 1989 metros. Ao fondo o Macizo do Monte Perdido, con A Bal Berde e A Bal de Bielsa ao seu pé e co Pico L'Orbar en primeiro termo.
2 Comments:
Vaia! Parece que volviches postear con forza. Parabéns.
A verdade é que hai un gran descoñecemento da celebración do entroido noutros lugares. Grazas abrirnos os ollos á antropoloxía popular.compulsa
By A pirámide, at 1:41 da tarde, fevereiro 20, 2007
xa que non o fago de cote, tentalo facer con algo de xeito. A ver se consigo facelo con máis frecuencia.
apertas
By Nemeth, at 5:44 da tarde, fevereiro 20, 2007
Enviar um comentário
<< Home