NEMETH

27.11.06

Documentais...



Interesantísimo documental sobre sexo da canle 5 da BBC (picante de máis prá sobremesa de La 2, de momento xa o censuraron no GoogleVideo) titulada A girl's guide to 21st century sex. Neste primeiro episodio pódese ver a postura do misioneiro dende perspectivas abofé que totalmente novedosas (e por suposto, con imaxes totalmente explícitas).

Por certo, tamén me fago eco dunha curiosa convocatoria relacionada co tema: o vindeiro día 22 de decembro, venres, estamos todos convocados orgasmo colectivo a prol da paz mundial. Donna Sheehan e Paul Reffel pídenlle a todo o mundo, especialmente os que habitan en países con armas de destrución masiva, que o día do solsticio de inverno, á hora que queiran e no sitio que queiran, contribúan a efectuar un cambio no campo enerxético da Terra mediante un orgasmo mundial sincronizado. Os organizadores aseguran que este é o momento axeitado, pois dúas frotas estadounidenses se están a dirixir cada ao golfo pérsico para atacar Irán. Sheehan e Reffel baséanse no proxecto da conciencia global, un programa da universidade de Princeton que mide o efecto que pode ter o pensamento humano no devir dos feitos. Tentan que os participantes concentren todos os seus pensamentos na paz durante e despois do orgasmo. A parella promotora da iniciativa ten a esperanza de que o enorme influxo da enerxía física, mental e espiritual cunha intención consciente pacífica teña efectos positivos profundos que cambien o estado de violencia da humanidade. Segundo eles, a inxección desa forza no campo enerxético da Terra contribuirá a ese cambio positivo. Este será o primeiro orgasmo mundial sincronizado pola paz, cara ao solsticio de decembro do 2012, data na que remata o calendario maia.

Como o oídes.

A coller apuntamentos e ir practicando até entón...

3 Comments:

  • Non coñecía o vídeo, interesante!. En canto ao orgasmo colectivo paréceme unha proposta moi amorosa e pacifista. Xa se recollía esta mensaxe naquela mítica frase "fai o amor e non a guerra" asi que adiante...

    Unha aperta grande.
    ;)

    By Anonymous Anónimo, at 9:05 a.m., novembro 28, 2006  

  • ui, ui, ui, eu con estas cousas teño medo ao inferno, a quedarme cego e a todas esas cousas....

    By Anonymous Anónimo, at 9:39 p.m., novembro 28, 2006  

  • foder non fai mal aínda que acabes fodido... :)

    By Blogger Nemeth, at 12:47 a.m., novembro 30, 2006  

Enviar um comentário

<< Home