NEMETH

7.11.06

Matarranya

Levo semanas moi enleado e non tiven tempo de amosar os sitios onde estiven a traballar. Hoxe volvín ir a este lugar (premede na foto pra vela máis grande):

Vista de Els Ports de Beseit

Son os chamados Portos de Beceite (ou Beseit) dende o Encoro de Pena. Aínda que está en Teruel, comarca do Matarranya, pertence á chamada Franja de Ponent, territorio de falar catalán en Aragón. Curioso sentir falar á xente dos cataláns (dun xeito un chisco despectivo) con máis sotaque catalán que Maragall. Sintonízanse as radios e as televisión catalás, falan catalán, pero din falar 'chapurreau'. Mesmo hai fenómenos de negación da súa natureza, chamándoo 'dialecto' (o mesmiño que co galego estremeiro). O autoodio tampouco é patrimonio exclusivo de ninguén.

Estes montes son tamén unha das reservas máis importantes da cabra hispánica, e cousas de estar tirado tanto tempo no monte e que vin dúas, nai e a filla de case un ano. Fíxome moita ilusión, era e son fan absoluto de Félix Rodríguez de la Fuente. Mágoa de ter un zum máis potente pra tirarlles unha foto...

Valderrobres

E por último, a vila de Valderrobres (ou Vall-de-roures), a capital da bisbarra e unha beleza. Ten unha das casas do concello renacentistas máis importantes de todo Aragón (teñen unha copia en Barna). Mágoa non ter máis tempo pra paseala de vagar.

Teruel existe.

PD: máis fotos acó.

1 Comments:

Enviar um comentário

<< Home