Creacionismo.
Hai veces que as casualidades 'obrigan' a escribir un post.
O venres posteo o dos cartaces ultra conservadores ianquis. O sábado acho que un compañeiro de traballo (rama das enxeñerías) está convencidísimo de que a evolución non existe e se pode probar científicamente ('un físico nos desmostró con unas fórmulas que te c... que la teoría de la evolución era imposible', sic). E hoxe atopo esta nova. O ministro de Educación de Polonia (non esta, estoutra) quere que a teoría da evolución deixe de ser ensinada nas escolas, e substituída polo creacionismo (ciencia da creación, prefiren que se chame). Un país da nosa mesma UE. A min que non me amolen, se estes entraron como lle poderemos botar en cara aos musulmaos fundamentalismo relixioso! Como ben din por aí adiante, o señor Miroslaw Orzechowski lémbranos que no tema de fundamentalismo relixioso non hai monopolios..
Aínda que se hai xente que se guía por isto...

7 Comments:
Eu quero ver essas fórmulas, pero já me fago umha ideia da parvada que lhes demonstrou (Nom saber generalizar 2º principio a sistemas abertos...)
By Fer, at 11:28 da manhã, novembro 07, 2006
A man de Cesar Vidal tivo que influír algo no deseño intelixente da vida humana. Aínda que fixándose ben nestes fanáticos xa un dubida que a evolución poida dar semellantes productos.
By Anónimo, at 3:41 da tarde, novembro 07, 2006
..non tal, randeeira, eu véxolles moito parecido con algúns simios...
By moucho branco, at 4:07 da tarde, novembro 07, 2006
moucho, hai simios que só lles falta falar... e hai humanos a quen lles sobra...
De todos os xeitos eu non me meto co que este rapaz pense nin deixe de pensar. Eu penso doutro xeito e tan amighinhos. O que xa non suportaría era intolerancia pola súa parte. E é a eiva que teñen a maioría das relixións, que se cren posuidoras da verdade suprema e, xa que logo, non admiten outras visións.
unha aperta
By Nemeth, at 9:10 da tarde, novembro 07, 2006
Corcholis, non me vais a tomar en serio eses comentarios pro-creacionistas ou pro-deseño intelixente, que a min so me falta tomar uns chupitos con Darwin.
A teoría da evolución é, por suposto, a única que se pode sustentar con un mínimo de raciocineo.
Supoño que xa aclarei a miña postura.
By Anónimo, at 11:33 da manhã, novembro 08, 2006
cáspita, non ousaría nin por un momento crelo un creacionista calquera :)
eu non teño tanta confianza con Darwin, a súa teoría ten bastantes puntos escuros como tal. Pero a creación é unha novela de ciencia ficción en si :D
unha aperta
By Nemeth, at 11:27 da tarde, novembro 08, 2006
Pois estades todos equivocados. Todos somos unha creación do Monstro Voador de Espagheti http://es.wikipedia.org/wiki/Pastafarismo
xDD
By Anónimo, at 5:12 da tarde, novembro 09, 2006
Enviar um comentário
<< Home