NEMETH

10.11.06

Pra mexar...

e non botar nin pinga son as declaracións do noso ben amado Presidente da Xunta sobre o Plano de Normalización (non dicían que seica non tivera case seguemento a folga, nonsi?). Todos sabemos quen son (/somos) os que reclaman (/-mos) a aplicación dunha lei (bastante xustiña, hai que dicir) aprobada co apoio de todo o Parlamento. Pero quen son os que recriminan ao Executivo galego que se empregue de máis o galego ('máis aló do debido')? Teñen na Oficina Internacional de Pesos e Medidas algún patrón pra medir a cantidade de galego a empregar en público? Que é o debido neste caso? Xa sabemos o que lle din ao noso Presidente... pero que é o que pensa el soíño? Pensa o noso Presidente?

Por outro lado, eu preferiría que todos os que non asistiron ás aulas, na próxima convocatoria vaian a clase pero falando galego. A cantos dos que secundaron o paro non se lles oe nin bébedos unha palabra en galego? Calquera excusa é boa pra non iren a clase (como calquera xeralización xa sei que é inxusta, pero non deixo de pensar no artificial do asunto).

Cantas dúbidas arestoras. Non sei se darei durmido co desacougo...

7 Comments:

  • Tes razon. A xente busca excusas para non ir a clase.
    Un saudo.

    By Blogger paideleo, at 3:03 p.m., novembro 10, 2006  

  • "Pensa o noso Presidente?". Por suposto que non, non ten cerebro e ignato a ese tipo de cargos.

    O meu fillo maior (paradiso105.blogspot.com) vai a un IES e, por suposto, fixo folga coma case tódolos compañeiros (os que falan castelán de toda a vida tamén), agora para agarrar a pancarta reinvidicativa, segundo me conta, non había brazos dabondo.

    By Anonymous Anónimo, at 9:49 a.m., novembro 11, 2006  

  • secundo á randeeira... torito non pensa e lamentablemente dase esa situación,... éche así...

    By Blogger moucho branco, at 7:01 p.m., novembro 12, 2006  

  • Para mexar e demais...

    Unha aperta grande.
    ;)

    By Anonymous Anónimo, at 9:14 p.m., novembro 12, 2006  

  • os do PSOE non se queren pasar co do galego por si en Madrid os ven demasiado "nacionalistas" e os do BNG no se meten porque non queren que se asocie o galego como asunto "exclusivo" do nacionalismo. Uns por outros e o galego sen varrer.

    By Blogger A pirámide, at 10:30 p.m., novembro 13, 2006  

  • Xa se sabe. Hainos do PSdeG, hainos do PSOE e ata do PPSOE.
    O da manifa, un erro máis. O galego deféndese usándoo e non folgando.

    By Blogger Xosé Manuel Carreira, at 1:37 p.m., novembro 15, 2006  

  • A folga do outro día foi un bonito funeral máis para a lingua galega. Saúdos.

    By Blogger Veloso, at 9:35 a.m., novembro 16, 2006  

Enviar um comentário

<< Home