NEMETH

23.2.07

Son rural...


Veño de ler este artigo, do que me chamou poderosamante a atención estes parágrafos:

"... Quizais o emprego das novas tecnoloxías e o afastamento progresivo dos mozos das aldeas fan que cada vez exista un abismo maior entre o mundo rural e a arte. Moitos artistas simplemente non se decaten en que viven nunha sociedade que aínda conserva una grande influenza das tradicións e modos de vida do medio rural. As veces semella que nas cidades galegas xa non quedase ninguén que proveña do campo..."

"... a cultura tradicional galega está "morrendo" e a súa xeración, a dos anos 70, é a derradeira que tivo a oportunidade de vivir no mundo rural..."

Pois ben, é certo. Renégase de onde vimos. As cidades galegas (e tamén na que eu vivo) veñen de converterse nunha caste de urbes habitadas por aldeáns. Xa non só por ir cada fin de semana a polo chourizo e as patacas. Queda moito da mentalidade tradicional, para ben e para mal. Persisten usos e costumes colectivos. Se cadra é por iso nosa falta de identidade colectiva: a procura da identidade individual. Somos o que non queremos ser.

Boa parte da miña xeración somos os primeiros que nacemos nun medio urbano/vilego. E tamén a boa parte da miña xeración xa non lles valen os valores e costumes dos nosos pais nin a súa fala. Comportámonos como urbanitas de nova fornada, novos ricos, arrenegamos das raíces. E somos aldeáns transplantados nun medio no que non tivemos referentes claros e válidos. É máis doado desbotar o pasado que adaptalo.

Noutro artigo tamén de hoxe, hai outros dous fragmentos que teñen o seus aquel:

"O campo hoxe debía ser un luxo", comenta. "A nova fisiocracia. Pero para iso cómpre conectar o país dixital e xeograficamente. Cos núcleos illados, a enerxía pérdese".

"Se hai xente que se libera de ser labrega para "escravizarse como camareiros", non hai autoodio, senón falta de expectativas."

Pra considerar o campo coma un luxo hai que deixar atrás moito auto-odio. Pensar que o de fóra é mellor. Somos aldeáns camuflados de urbanitas e acomplexados das nosas orixes. Tanto que moita xente relaciona aldea e atraso. E vendo como vivimos nas cidades, é como pra polo en dúbida. Sempre lle comparo á xente como me criei a como se crían hoxe os nenos, pechados e sós, saíndo de cinco a seis ao parque. E iso non ten que ver coa falta de expectativas.

Etiquetas: ,

4 Comments:

  • Home, non sei si se vivía mellor antes, pero máis libre seguro.

    By Blogger A pirámide, at 7:39 da tarde, fevereiro 23, 2007  

  • Caramba, retomaches a andaina con folgos. Asi me gusta...
    Encantoume o post, os meus PARABENS e facer unha puntualización eu son e considérome rural para min é un grande orgullo.

    Unha aperta.
    :)

    By Blogger Marinha de Allegue, at 12:20 da tarde, fevereiro 27, 2007  

  • non digo que antes se vivise mellor nin que co tio paco estas cousas non pasasen ;)
    só é unha chamada de atención á dobre moral con isto das orixes, o auto-odio e as esperanzas de futuro...

    By Blogger Nemeth, at 8:19 da tarde, fevereiro 28, 2007  

  • Teño pasado por este blog desde outros amigos pero ás veces abonda cun posts así para engancharse de por vida.
    Gustaríame saber se coñeces da Fundación A SOLAINA DE PILOÑO e da vida de Paco Lareo?, se queres, podes entrar nesta páxina
    ( www.asolaina.blogia.com) e botarlle unha ollada. Coido que che gustará.
    Tamén, se queres, podes facerlle un oco nos teus enlaces. Sería un xeito de colaborar para dar a coñecer a obra deste singular personaxe que sempre soñou cunha Galiza culta e rural ao mesmo tempo. Gracias.

    By Blogger Paco Penas, at 12:59 da manhã, março 05, 2007  

Enviar um comentário

<< Home