NEMETH

22.11.07

Carrabouxo

Xa sabedes que son fan d'O Carrabouxo...

Etiquetas: ,

20.11.07

Persépolis e Os Persas

Casualidades: O sábado, Los Persas, requiem por un soldado. Unha recreación libre (moi libre) e musical dirixida por Calixto Bieito do drama clásico de Ésquilo, Os Persas (pódese descargar acó). Desta volta, soldados españois en 'misión de paz' no Afganistan. Curiosa e un chisco cómica a profusión das rojigualdas, tan acorde cos tempos. Contada sen querer ser unha homilia antimilitarista, amosa a Guerra tal e como é: sentimentos de camaradería, de inclusión social e de amor patriótico coas súas consecuencias de perda, deshumanización e morte... Como repiten ben veces na obra: A Guerra é Eterna. A Guerra como parte do ser humano. Como instinto de destruir ao próximo... Velaí vai un cacho.




O domingo... Persépolis: biografía de Marjane Satrapi, creadora do banda deseñada e co-directora iraní deste filme de animación francés. Deseños marabillosos pra uns sucesos que fan rir e estarrecer a un tempo. Historia do difícil que é medrar e atoparse sendo muller no Irán post-revolucionaria. Cuns intres máxicos como a conversa a tres entre a protagonista Deus e Karl Marx. Velaquí o único trailer en francés que atopei:

13.11.07

Independentismo...

Moi interesante artigo o que vin en El Pais-Euskadi: El Estado vasco emergente. Un só parágrafo de escolma:

Resumiendo, la estrategia del nacionalismo independentista democrático vasco es, en mi opinión, construir un Estado más moderno y eficaz que el español, para que, en el caso de que surja o se construya una ventana de oportunidad política para la secesión, la mayoría silenciosa de ciudadanos vote útil, pragmático, ganador, por encima de cuestiones políticas o identitarias. Cada vez son más los que opinan que en Euskadi se vive mejor en caso de no oponerte ni hacer militancia activa contra el nacionalismo.

En Galiza, nin tan siquera en Catalunya, sucede isto. As administracións non son vistas coma eficaces. Xorde o victimismo co 'Gobierno de España' ou cos de Madrí. Cando se fala de traspasos de competencias, coma as de Tráfico ou Salvamento Marítimo, a sensación ven sendo que non é máis que o mesmo can con distinto colar. Que no canto de chuchar dende Madrid, agora quérennos mangonear os de Santiago.

Con tan pouco creto na nosa autonomía mal poderemos exercer o noso 'dereito' á autodeterminación.

Etiquetas:

Nunca Máis...


Xa se han de dicir abondo e mellor nestes días. Pra min, o máis positivo desta historia foi o isto...

9.11.07

Cambio Climático

Velaquí dúas mostras de como ha quedar (segundo os Verdepaz) esta terriña á volta dunhas décadas...
O Río Grande na ponte da Al-Muzara de Ventosela...

E o glaciar da cara norte das Tres Sorores ou Serols, entre os picos Perdido e Cilindro


Os glaciares do Pirineu xa levan anos en retroceso... moitos deles, xa neveiros. Eu, cando cativo, aínda lembro ver no vrao neve en Fontefría, no alto d'A Serra...

Todo esta historia véxoa de cote no traballo e agardo velo in situ nesta fin semana...

Etiquetas: ,

8.11.07

Volve co vento...

Irlanda dende o Bus

funme co vento... na primavera

agora a ver se volvo co vento do outono...