Persépolis e Os Persas
Casualidades: O sábado, Los Persas, requiem por un soldado. Unha recreación libre (moi libre) e musical dirixida por Calixto Bieito do drama clásico de Ésquilo, Os Persas (pódese descargar acó). Desta volta, soldados españois en 'misión de paz' no Afganistan. Curiosa e un chisco cómica a profusión das rojigualdas, tan acorde cos tempos. Contada sen querer ser unha homilia antimilitarista, amosa a Guerra tal e como é: sentimentos de camaradería, de inclusión social e de amor patriótico coas súas consecuencias de perda, deshumanización e morte... Como repiten ben veces na obra: A Guerra é Eterna. A Guerra como parte do ser humano. Como instinto de destruir ao próximo... Velaí vai un cacho.
O domingo... Persépolis: biografía de Marjane Satrapi, creadora do banda deseñada e co-directora iraní deste filme de animación francés. Deseños marabillosos pra uns sucesos que fan rir e estarrecer a un tempo. Historia do difícil que é medrar e atoparse sendo muller no Irán post-revolucionaria. Cuns intres máxicos como a conversa a tres entre a protagonista Deus e Karl Marx. Velaquí o único trailer en francés que atopei:
4 Comments:
apuntadas as dúas. Graciñas!
By torredebabel, at 10:13 da tarde, novembro 21, 2007
supoño que che ha de ser máis doado ver Persépolis do que Os Persas...
de todos os xeitos, disfruta de ambas as dúas!
apertas
By Nemeth, at 10:14 da manhã, novembro 23, 2007
Pois non so vin Persépolis senon que xa teño os 4 libros. Chegoume tamen por outro lado o convite a coñecela e dende logo foi unha descuberta impresionante!
By torredebabel, at 1:04 da manhã, novembro 30, 2007
eu levo o camiño inverso... o filme levoume aos libros. O dato de que había catro non o sabía. Xa teño unha petición pró Nadal :)
apertas
By Nemeth, at 1:33 da tarde, dezembro 05, 2007
Enviar um comentário
<< Home