Semana medioambiental
Seica o pasado martes 5 de xuño foi o día Mundial do Medio Ambiente. E casualidades da vida, o día seguinte fun traballar ás Terres de l'Ebre. Nesta vigaría catalá teñen varios exemplos senlleiros de desfeitas ecolóxicas. Non lle puiden facer ningunha foto á Central Nuclear de Ascó, pero velaquí tendes o Assut de Xerta (o azude de onde se ía sacar a auga para o trasvase do Ebro). Agora mesmo ten aproveitamente hidroeléctrico e de regadío. Tamén nesta zona é onde primeiro chegou o famoso mexilón cebra (o buque anticontaminate con base en San Carles de la Rápita que non puidera achegarse a Galiza cando o do Prestige por non propagar esta plaga), que agora está extendido como un andazo río arriba (xa se detectou no Sobrón, entre Araba e Burgos). É tal a desfeita no ecosistema que o río vese transparente e cheo de plantas. Unha mágoa.
Na terra tamén temos exemplos abondosos de desfeitas, ameazas e estragos variados Así que se seica os catalás son máis europeos e están máis avanzados nestas materias... facede contas.
Na terra tamén temos exemplos abondosos de desfeitas, ameazas e estragos variados Así que se seica os catalás son máis europeos e están máis avanzados nestas materias... facede contas.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home