Bombos...
Nestas semanas (meses!) que estiven 'ausente' fixen unha boa chea quilómetros e de fotos. Como estas...
son da noite do Venres Santo en Calanda. A famosa patria de Buñuel, a medio camiño entre as Serras e as Estepas do Baixo Aragón. Despois dun día chuvioso no que andivemos a procurar por varias vilas os famosos rebumbios destas terras sen éxito, decidimos ficar en Calanda con algo de precaución das masas de turistas. Pero tales masas fuxiran da auga e quedou unha noite enxebre e auténtica. Pouco a pouco ían xuntándose na praza familias enteiras. Durante unha hora non se sentía nin o propio pulso. Era un latexo colectivo... Dá xenio ver aos rapaces competir. Transmisión da tradición en rigoroso directo....
As fotos non lle fan xustiza. Velaí vai algo máis aproximado, aínda que non trema o chan...
Ben é certo que a min o asunto tírame dende a teta...
Praos non entendidos: Aínda que eu son da Mourela pr'acá... encólleseme o sentimento co toque dos da Mourela pr'alá. Se non for pola inscripción dos cintos... coma na casa!
Ou nos ollos ou nos pés, haste parecer a quen es...

8 Comments:
Pois si que fixeste unha viaxe espiritual. A ver que máis nos trouxeches de Buñuelandia.
By A pirámide, at 5:51 da tarde, maio 21, 2007
Estas feito un gran reporteiro!!!
que ben o pasas!!!.
Beijosss
:)
By Marinha de Allegue, at 9:22 da manhã, maio 22, 2007
Calanda: o derradeiro lugar onde iría eu en Semana Santa. Odio os ruidos enxordecedores.
By paideleo, at 2:05 da manhã, maio 23, 2007
Moi boas as fotos, non como as que fixen eu moi perto de Calanda, na Puebla de Híjar".
Curiosos este baturros, que lonxe do quye se poida pensar, participan nesa tradición con paixon fervorosa.
By Anónimo, at 12:33 da manhã, maio 25, 2007
eu a semana santa o máximo que tenho estado lonxe da casa é en ferrol cando tinha 16-17 anos... e que festaza mi ma... todos alí metidos no "cenicero" a enchoupar coma cas miran do as rapazas cachondas... ufff. Que dourados aqueles tempos... pero bueno suponho que un recorrido diferente non vira mal, pensareino!
By Anónimo, at 2:32 da tarde, maio 31, 2007
Grazas pola túa visita e polo comentario.
Nunca viñera por aquí, vexo que eres un viaxante.
O vídeo, a min sóame a carnaval...
Un saudiño.
By Son Unha Xoaniña, at 5:11 da tarde, maio 31, 2007
Olá,
Isto é um convite para participares na eleição dos melhores romances em língua galega. Dado o carácter do teu blogue, pensei que podias achar a inciativa interesante.
Podes ler as bases de participação nesta ligação.
Estaria também muito obrigado se promocionasses esta iniciativa no teu blogue para acadar assim uma participação que fora o mais alta possível na blogosfera galega.
Um saúdo.
By Basho, at 11:39 da tarde, junho 02, 2007
pirámide, agardo volver a Calanda no tempo a mercar préxegos... :)
pícara, non o sabes ti ben! ;)
acedre, a min tampouco me gustan moito o barullo, mais isto foi diferente. Serán os xenes antroideiros que abrollaron :)
peto lareto, estivemos a piques de ir á Puebla de Híjar ver 'Romper la Hora'. Pero o final acomodámosnos e a ló quedamos.
Xurxo, Rifo, un pracer tervos por acó!
Parzival, prometo un post sobre o tema.
By Nemeth, at 9:55 da manhã, junho 04, 2007
Enviar um comentário
<< Home