Máis vale tarde ca nunca...
Respondendo aos convites da mediática Marinha e de Torredebabel por fin teño amañada unha pequena listaxe de mmmmúsicas.
Son especialmente malo coas listas. Ao final optei por cancións que asocio cos momentos de folgura (e fodedura). Persoas, momentos e situacións vividas que lembro cun sorriso.
Tamén lle pedín axuda á persoa coa que hoxe comparto eses momentos... E polo prezo dunha, douvos dúas!
A ver se vos gustan!
1. - OBK. Falsa Moral. Comezo dunha etapa que semella moi lonxana...
2. - Yuri. Este amor no se toca. Tolerías da mocidade. Namoriscos a petiscos...
3. - Mercedes Peón. Calquera dela. Ese ritmo telúrico e ancestral arreguízame a caluga...
4. - Miudiño. Unha noite trouleira e etílica pode rematar entre as sabas ou no descanso das escaleiras...
5. - Cher. Believe. Momentos fugaces nun Refuxio perdido...
volverei axiña!

1.- Rachmaninov- Symponia no 2
2.- Ana Belen- Peces de Ciudad.
3.- Omara Portuondo. Veinte años (noutra versión).
4.- Chavela Vargas- Las simples cosas.
5.- Yoko Ono- Kiss Kiss Kiss Me Love.volverei axiña!
Etiquetas: blogomillo
6 Comments:
Moi orixinal o das dúas escollas, así por curiosidade cal é a de cal?
E moitas gracias por esa J :), tarde pero deséxoche o mesmo, que ben se reciben eses dous agasallos (a rosa mailo libro) calquera día do ano.
Bicos!
By besbe, at 12:14 da manhã, abril 25, 2007
cal é cal? ... aceptánse apostas! :D
Xa contearei as miñas peripecias cando volte da visita aos nosos veciños do norte...
chau!
By Nemeth, at 10:09 da manhã, abril 25, 2007
Para nós, a túa é a a primeira anque ben podía ser a segunda (ou é vaca...).
Calquera das dúas é boa.
By A pirámide, at 6:00 da tarde, abril 25, 2007
Menino tardaches en decidirte pero a escolla non ten desperdicio...
Yuri marcou unha etapa fermosa.
Beijos e non te quedes por aló que te queremos por aquí.
;)
By Marinha de Allegue, at 11:51 da manhã, abril 29, 2007
as escollas de cada quen, penso eu, falaron dos autores. E estas, tan especiais, tan plurales e interesantes son dende logo coma ti. Graciñas por aceitar o convite!
By torredebabel, at 1:51 da manhã, maio 03, 2007
súmome á aposta da pirámide, a túa é a primeira, e a ver onde te metes neniño, que non se che ve o pelo.
By besbe, at 8:18 da tarde, maio 05, 2007
Enviar um comentário
<< Home