Comeza o antroido...
Por Ventosela xa tamos no antroido, os altofalantes nas rúas a xente a facerche agasallos e con brincadeiras... Non sei como será polo país. O caso é que despois de esparexer o meu voto por media España, volto a casa... aínda que sexa por correo. Mirade se ando concienciado que até estou a mirar o cacarexado debate da TVG (se fun capaz de aturar ao Moris&Cía de antes serei capaz de non durmir con tan interesante debate). Das cousas pola miña vila só sei por transmisión oral familiar. Nada nos xornais. E iso que este ano até temos Indipindientes propios (mercé a trapallada da autovía). Mágoa que teña que depositar o meu voto pra algún destes tres mamelutes...
PD: onde aprenderon a falar galego! De momento Núñez Feijoo fai renxer os dentes a calquera... Como volva repetir 'concejales' apago!
PD: onde aprenderon a falar galego! De momento Núñez Feijoo fai renxer os dentes a calquera... Como volva repetir 'concejales' apago!
3 Comments:
Isto das elección é uns circo.
Hoxe mirei o coche dun partido do Porriño e estaba pintado rosa Porriño todo enteiriño. Mágoa de non ter a cámara a man...
Un saúdo e graciñas polos piropos.
By paideleo, at 12:38 da manhã, maio 16, 2007
habería que obrigalos a pronunciar "concejo" cada vez que diga "concejal", pero vendo que nom lhe costa decir tampouco "panjón" até nen castigo sería...pois si , comezou o circo!..paiasos á pista!
By TXARI, at 5:01 da tarde, maio 16, 2007
Ben merecidos, acedre!
De todos os xeitos, o dano xa está. Veño de votar por correo...
que vos sexa leve!
By Nemeth, at 10:34 da tarde, maio 16, 2007
Enviar um comentário
<< Home